Pages

xoves, 20 de xuño de 2019

REVISTA MENCER NA CHAIRA



A piques de rematar este curso escolar, chega o momento de publicar un novo número da nosa revista "Mencer na Chaira". 

Así podemos disfrutar dalgúns dos momentos vividos durante o curso, dalgunhas das actividades desenvolvidas  e de anaquiños da nosa vida escolar!

Desexámosvos un FELIZ VERÁN! E QUE DISFRUTEDES MOITO DA REVISTA!!


REVISTA MENCER NA CHAIRA Nº 22

xoves, 30 de maio de 2019

GAÑADORES DO CERTAME DE POESÍA DE PRIMAVERA



O equipo de normalización lingüística queremos agradecerlle a todo o alumnado a alta participación neste concurso. Todos inventaron preciosas poesías, polo que foi moi difícil escoller aos gañadores.

Os gañadores foron os seguintes:
Erik Justo de 1ºEP, Sabi Feijóo de 2ºEP, Inés Carrera de 3ºEP, Javier Devesa de 4ºEP, Pablo Nóvoa de 5º EP, Tania Jardón de 6ºEP e por último, Claudia Opazo de 1º ESO do Ies Cidade de Äntioquía ca poesía "A Música".

NORABOA A TOD@S!!!!











mércores, 29 de maio de 2019

OBRA DE TEATRO "A CEBRA CAMILA"

 
No mes de maio, o  equipo de normalización organizou esta actividade de animación á lectura: "A cebra Camila"



Os alumnos de 1º e 2º curso de primaria dramatizaron esta obra para o alumnado de infantil e o de 1º ciclo de primaria. Foi moi divertido, porque os rapaces son uns artistas!!!

luns, 29 de abril de 2019

VIII CERTAME DE POESÍA DE PRIMAVERA


Neste cole adoramos a poesía, ademais todos os rapaces son uns  artistas, por eso propuxemos este concurso, no que tamén participan os rapaces de 1º ciclo do IES Cidade de Antioquía, para promover  no alumnado a creatividade e o gusto pola lectura.
Animádevos!!!!!

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO



23 DE ABRIL,  DÍA DO LIBRO

No CEIP CARLOS CASARES quixemos conmemorar o día do libro con carteis e actividades para que os nenos se lembraran deste importante día.
Organizamos un contacontos " O coelliño branco" para os alumnos de 5 anos. Ademáis os alumnos de Primaria intercambiaron marcapáxinas cos seus compañeiros.
Os alumnos de sexto de Primaria fixeron un taboleiro coas súas palabras galegas favoritas.
Por último, o xoves 25 de abril tivemos a FURGOLIBRO, onde todos os alumnos do centro poideron pasar un intre divertido rodeados dun montón de libros...






mércores, 27 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019


No Ceip Carlos Casares somos moi festeiros, así que para o Entroido fixemos moitas actividades na escola porque nos encanta esta festa!!!!. O venres 1 de Marzo participamos no desfile e foi moi divertido.





domingo, 24 de febreiro de 2019

24 de FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"


O día 24 de febreiro é o día da nosa gran poetisa " Rosalia de Castro", por iso durante toda a semana, os alumnos do Ceip Carlos Casares realizaron diversas actividades para festexar este día: pintaron retratos de Rosalía, escribiron algúns dos seus poemas, fixeron caretas, etc.
Ademais organizamos unha actividade na Biblioteca do Centro para que os alumnos de Educación Infantil e os de 1º curso de primaria, coñeceran un pouco mais sobre a vida de Rosalía, e visionaran un video de Os Bolechas sobre Rosalía de Castro. Para finalizar disfrutaron cun video no que se recitaban poemas da autora.

Ademais os alumnos de 6º curso de primaria pasaron por todas as aulas de primaria para contarlles aos seus compañeiros  a vida e obra de Rosalía de Castro, e para recitarlles o poema "Meniñas" e así homenaxear a autora.